viernes, 19 de agosto de 2011

bolboretas

Faigamos outra tolamia, desas polas que tanto debecemos, que penduran nas nosas lembranzas agarimando as nosas testas, enchendo as nosas vidas de paixón e evacando todo o amolecido e cotián delas. Loitemos, como antonte fixemos, por espallar o noso espírito máis alá do corpo, por encadear os soños na conciencia sen deixalos endexamáis liscar.

Agora que estamos agochados e ninguén nos pode ver, latexemos a un mesmo ritmo cun latexo desacompasado. Poñámonos á carón da lúa, escoitemos conxurar ás estrelas, olvidemos este amolado mundo e viaxemos cara a nada para facer dela todos. Vamos! Bule! Ven, axiña! Lisquemos deste recuncho para facer cantigas ao son do silencio sideral, xunto cos ruidos dos meus corpos, dos teus corpos, do teu e do meu, que soarán amplificados pola falta de competencia.

Saca tí a conclusión que eu non podo, que seña relevante e reveladora: sumerxernos nun oceano de paradigmas e sinxelezas para atopar respostas a preguntas imprantexadas; percorrer imperceptibeis o bulir do tempo sen perde-lo camiño, sen perde-lo paso, engaiolando conxuntos de intres pra meter nun caderno que nos axude a lembra-la nosa propia vida. Fuxamos por fin a ningures, ese lugar esquecido, onde coitados de nos atrevernos a deixar de finxir caracteres que non son de seu propios de ninguén... lisquemos do concreto...

Abofé que xa non queda moito, é hora de seren coitados, de non enoxarmos os naturais deuses coas nosas parbadas, crucemos o miudo abafarando pola urxencia, non pola presa. E ¡Ven! ¡acude! Xa coido que veco o que andaba outeando. Velaquí está, ¿podes ver? Poden verte? Miradesvos? entón...       ¡bolboretas!


2 comentarios:

  1. Me gusta, y todavia no estoy segura de si deberías haber puesto el final...
    Un abrazo fuerte fuerte Maestro DeLirio :)

    ResponderEliminar
  2. Me mola! Pero voy a dejar de comentarte como no tengamos una relación bloguera recíproca, eh, mamón? :P

    ResponderEliminar