viernes, 31 de agosto de 2012

Dun día da lúa


Non me parece xusto. Eu tiña un corazón roto que facía delicias co son dos seus latexos, cada parte co seu ritmo, e non pedira en ningún momento que naide viñera a tentar facer con el algún reparo. E entón.. foi que ti viñeche, e que todo empezou a trocar de súpeto...

Non quería, nin interese que tiña eu en que supuxeras tí cura algunha dos meus males... nin tan sequera esperaba o que fuches, facendo de aquel lúns un día na lúa... pero que te converteses en algo que realmente tivo sentido non era algo que fose eu buscando, e aínda asi sucedeu.

Chegache o cuarto privado onde eu habito o meu corpo e ata cambiache os seus mobles, e iso, lonxe de me amolar, como eu supoñía dada a personalidade que profeso; estábame a gustar. E rifabamos... vaía se rifabamos... pero en tódalas nosas rifas acababamos tendo agasallo. Iso era o que máis me gustaba.

Na miña intención non estaba, pero có paso do tempo, e con distancia de por medio, fúchesme cosendo os rotos do meu enfeble corazón adoecido. Non me din conta ata que xa era tarde de máis, e compartindo contigo o dor da cicatriz foi cando decidiches o que agora máis lamento. Foi cando decidiches que se estabas a curar o meu corazón eu non tiña máis motivos para sentirte que ese.

Pero e que eu non te pedira nada diso. Nin te esperei, nin te busqueí, nin cría na túa existencia... simplemente apareciches... tan só nos atopamos, naquel día da lúa, e quedei prendado dos vosos embruxos, teu e da tua complice meiga das mareas.

E agora, cun corazón a medio curar, que xa non soa pra acompáñalos meus azuis, nin a miña ánima, nin o meu jazz... agora marchas e quedo sen ritmo... quedo sen són... e non me parece xusto.

Co ben que soaban os meus latexos, e sen que eu pidira axuda a ninguén, tiveche que deixar o reparo a medias... a lo menos podialo deixar como estaba... pero todo coma sempre acabou por trocar do que era.


No hay comentarios:

Publicar un comentario